Fernández-Tapias participa na entrega de premios do Basket 3×3 e o descenso urbano MTB

Compartir

Fernández-Tapias participa na entrega de premios do basket 3×3 e o descenso urbano mtb polo casco vello no marco do festival de “o marisquiño”

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou esta tarde na entrega de premios do basket 3×3 e o descenso urbano MTB polo Casco Vello no marco do Festival de “O Marisquiño”.

Un modelo que, segundo dixo, conxuga con éxito turismo e deporte, fomentando a actividade deportiva, contribuíndo a dinamización económica e proxectando internacionalmente a imaxe de Vigo e de Galicia a través do Xacobeo 21-22.