22 noviembre, 2021
Trátase da décima parada das 18 que fará o tráiler polas catro provincias galegas nos meses de novembro e decembro, prestando asesoramento e formación.
Durante o encontro, Atendo Calidade, Utingal e Cerámicas Técnicas Galegas representaron ás pemes innovadoras da contorna como casos de éxito.
Esta actuación enmárcase no Programa de Impulso á Innovación nas Pemes deseñado pola Axencia Galega de Innovación e dotado con 12 millóns de euros para animar ás pequenas, medianas e microempresas a investir en innovación.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto á alcaldesa Marta Valcárcel, achegáronse hoxe ata a praza da Constitución para participar na iniciativa Camiño da Innovación, posta en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain). Trátase dun espazo itinerante que realizará 18 paradas nas catro provincias galegas durante os meses de novembro e decembro, co obxectivo de prestar asesoramento ás pemes e difundir entre elas a necesidade e a oportunidade de innovar, como factor clave para gañar competitividade e medrar.
Esta iniciativa enmárcase no Programa de Impulso á Innovación nas Pemes posto en marcha pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, dotado con 12M€ para axudar ás pemes e microempresas galegas a investir en innovación. A través das distintas actuacións, tratarase de promover que as empresas que non innovan inicien a senda da competitividade baseada no coñecemento e, principalmente, tratarase de dinamizar aos tecidos empresariais dos núcleos non urbanos.
Experiencia de primeira man
En cada etapa ofrecese asesoramento personalizado a pemes por parte de técnicos de Gain para analizar as oportunidades de innovar e como poñela en marcha. O obxectivo é atender máis de 200 consultas na xira, axudando a cada empresa a elaborar unha folla de ruta para poñer en marcha plans de acción que se materialicen en resultados tanxibles.
Ademais, celebrase un encontro onde se presentan exemplos de pemes innovadoras da contorna. No caso concreto de Salvaterra a representación correu a cargo de Atendo Calidade, especializada no coidado das persoas maiores, Utingal ,utillaxes e bens de equipo para os sectores aeronáutico, automoción e servizos, e Cerámicas Técnicas Galegas, fabrica e comercializa pezas de cerámica técnica para diferentes aplicacións industriais.
Tres casos de éxito que están a competir en mercados internacionais e que demostran que a innovación se pode poñer en marcha en calquera sector e empresa.
Alerta