22 de septiembre de 2023
19 octubre, 2021
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe un encontro co novo comisario do Corpo Nacional de Policía de Vigo, Juan José Díaz Jiménez, no que puxeron de manifesto a recíproca vontade de colaboración.
A representante do Goberno galego na cidade puxo de manifesto a importancia da colaboración entre os corpos e forzas de seguridade do Estado, e felicitou ao novo comisario polo seu cargo. Juan José Díaz Jiménez incorporouse ao seu novo posto, o pasado día 7 de xullo. Ata entón exercía de xefe da Brigada Local da Policía Xudicial na Comisaría de Vigo-Redondela.