Asociación de Magos e Ilusionistas Vigueses 10 anos de maxia en Vigo
Se celebrará el 27 de abril a las 19:00 horas en el Auditorio da Oficina Municipal de Distrito de Teis (Espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá)
A Asociación de Magos e Ilusionistas Vigueses celebra o seu décimo aniversario por todo o alto con moita maxia. A data será o sábado 27 de abril ás 19:00 no Auditorio da Oficina Municipal de Distrito de Teis, e contará con nada menos que oito magos e magas da Asociación que darán todo para que o público se divirta e se sorprenda.
Dende a súa fundación en 2014, a AMIV ten como obxectivo a difusión e posta en valor da maxia, e ser un punto de encontro para ilusionistas amadores e profesionais de Vigo e da contorna. A AMIV tamén organiza eventos de maxia en colaboración con outras entidades e asociacións, así como conferencias formativas da man de magos e magas de renome nacional e internacional.
Donativo 5€
Puntos de venta:
–A Rosa Negra (Rúa Ecuador, 93)
–Sifón (Rúa Doutor Cadaval, 5)
–Bocatería O Patín (Rúa Doutor Corbal, 21)