Galardóns Vilas en flor 2021

Compartir
Cartel Vilas en flor. Fonte: Concello

O Concello de Salvaterra recibe tres flores no certamen de Vilas en flor 2021

 

O xurado formado por Manuel Rodilla del Barrio, Javier Padín Martínez, Mª Isabel Iglesias Díaz, Carlos Javier Cárcamo Álvarez, Manuel Torres Lavandeira, Xurxo Xoan Gonzalez Conde y Domingos Manuel Méndez Lópes, Lois Arenas Barreiros, Camino Nicolás Velado e Silvia V. Caffaro concede ao Concello de Salvaterra de Miño tres flores.

O equipo de Vilas en flor resalta a implicación da corporación municipal en potenciar o seu patrimonio vexetar, etnográfico e no incremento das zonas de esparcemento da Vila. Destacando as actuacións de posta en valor do Río Miño coa novo Espazo Lúdico Termal, cunhas impresionantes vistas a cidade fronteiriza de Monçao; actuacións de recuperación da Illa Fillaboa e a coidada actuación paisaxística na zona do Castillo.

Ademais de destacar por ter unha das zonas verdes máis grandes de Galicia, o Parque Público A Canuda, unha zona de referencia para toda a provincia de Pontevedra e Norte de Portugal.