5 febrero, 2024
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na comisión NAT do Comité Europeo das Rexións
Bruxelas Hoy. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde, entre outras cuestións, se abordou o debate arredor dun ditame sobre o futuro da Política Agrícola Común (PAC).
O ditame constituirá a resposta do CdR ao diálogo estratéxico iniciado este mes no marco comunitario ante a previsión de que a Comisión Europea adopte en 2025 a súa proposta lexislativa sobre a PAC posterior a 2027. A este respecto, as autoridades rexionais e locais reivindican que se reforce o seu papel na xestión e aplicación dos planes estratéxicos da PAC, actualmente ideados con carácter nacional.
En liña coa posición do CdR, nas súas achegas ao documento de traballo a Xunta avoga por un enfoque máis descentralizado, no que as rexións poidan elaborar a súa propia
estratexia e destinar os fondos ás actuacións máis adaptadas ás características dos seus territorios e sectores agrarios. Así mesmo, aludindo ao proceso de reestruturación do
sector agrario que está tendo lugar en Galicia e noutras rexións europeas, o Goberno galego propuxo que as axudas directas se concentren exclusivamente nas explotacións
profesionais.
Nesta última reunión da NAT tamén tivo lugar a aprobación de dous ditames, un sobre novas tecnoloxías xenómicas e outro sobre saúde mental, así como dous debates sobre
como abordar a escaseza de medicamentos e a adopción dun Pacto Azul Europeo.
Ademais, presentouse un estudo relativo ás características da participación electoral nas zonas rurais con miras ás eleccións europeas deste ano.
Galicia nas comisións CIVEX e NAT do Comité das Rexións No actual mandato 2020- 2025 do Comité Europeo das Rexións,
Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). A primeira elabora ditames en áreas como as políticas comúns de agricultura e pesca, o turismo ou a saúde pública.
Alerta