7 octubre, 2024
A delegada territorial da Xunta destaca a iniciativa que ten como obxectivo levar e encher de ilusión toda a comunidade como reclamo turístico
O Teatro García Barbón Afundación acollerá o 19 e o 20 de outubro o Festival Mundial do Ilusionismo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este luns xunto aos magos galegos Pedro Bugarín e Dani Polo o Festival Mundial do Ilusionismo “Galicia Ilusiona”. A iniciativa percorre por tercera vez toda Galicia con actuacións nas sete grandes cidades galegas e chegará á cidade para pechar o seu percorrido.
Ana Ortiz, que estivo acompañada na presentación polos directores e promotores Pedro Bugarín e Daniel Polo, avanzou que o espectáculo recalará o 19 e 20 de outubro no Teatro García Barbón. A Xunta apoia esta iniciativa co obxectivo de converter a Galicia en referente e epicentro da maxia a nivel mundial e, ao mesmo tempo, levar e encher de ilusión toda a comunidade.
O Festival Mundial do Ilusionismo “Galicia Ilusiona” inclúe as sete grandes urbes galegas para converter a Galicia na capital mundial do ilusionismo. Así, o espectáculo xa pasou nos primeiros días de outuburo por A Coruña, Ourense e Pontevedra. A vindeira fin de semana estará en Santiago de Compostela (días 11 e 12) e Ferrol (13 de outubro). Antes de pechar en Vigo estará tamén en Lugo (18 de outubro).
Artistas da gala internacional
Mago Murphy: Será o encargado de presentar a gala e dar paso aos diferentes artistas. Un mestre da comunicación que mestura maxia e humor coma ninguén. Participou en diferentes programas de televisión como mago e tamén como humorista.
Lore Lavand: Ilusionista arxentina especialista en mesturar poesía e maxia. O seu número transporta a outra dimensión onde as lembranzas e os recordos serán os protagonistas.
Jerome Murat: Considerado o mellor mimo do mundo, chega a Galicia Ilusiona para presentar o seu acto máis aclamado: A estatua vivinte de dúas cabezas.
Un número que percorreu máis de 70 países e que estivo presente nos teatros máis prestixiosos do planeta.
Ki Moon Do: Este ilusionista coreano, de Seoul, métese na pel dun director de orquestra. Un número que logrou multitude de premios a nivel internacional.
Manolo Costa e Mindanguillo: Unha parella de magos especialistas en maxia cómica. Veñen de gañar o primeiro premio europeo nesta disciplina. Un espectáculo cun ritmo frenético onde a risa e maxia máis visual son as protagonistas.
Ramó and Alegría: Esta parella de ilusionistas rompen os moldes clásicos dun acto de maxia. Un número onde parece saír todo mal pero que remata da mellor maneira posible. Teñen infinidade de premios e xiran coa súa maxia polos festivais máis prestixiosos de maxia e circo.
Néstor Hato: Ilusionista francés, considerado o mestre da manipulación, a rama máis complexa da maxia, na cal a habilidade e destreza das mans do artista, son as protagonistas. Infinidade de naipes aparecen e desaparecen a un ritmo vertixinoso entre os seus dedos.
MADRID, 20/09/2024.-El jefe del Ejecutivo, Pedro Sánchez, recibe este viernes en la Moncloa al presidente de la Xunta de Galicia Alfonso Rueda, en el marco de la ronda de contactos con todas las autonomías anunciada tras pactar con ERC una 'financiación singular' para Cataluña., este viernes en el Pàlacio de La Moncloa.-EFE/ Zipi Aragón
Alerta