12 diciembre, 2024
O conselleiro de Sanidade participou hoxe no acto de sinatura de 24 novos Plans Locais de Saúde, que beneficiarán á poboación de 46 concellos galegos
Os plans locais son ferramentas que adecúan a asistencia sanitaria á realidade sociodemográfica de cada zona, fomentando unha atención integral centrada nas persoas e unha maior proximidade no coidado dos pacientes
Estes documentos teñen en conta a realidade social dos pacientes e as ferramentas dispoñibles para planificar un conxunto de actuacións para mellorar a saúde e a calidade de vida da poboación de referencia
A Consellería de Sanidade traballa co obxectivo de que o 100% dos servizos de atención primaria do Servizo Galego de Saúde conten con Plan Local de Saúde en 2026
Alerta