17 octubre, 2024
Chicago Life pecha a fin de semana cun musical para adultos ofrecendo un show cheo de sensualidade, grandes coreografías e as cancións máis icónicas de películas como “Cabaret”, “La La Land”, “Chicago” ou “Burlesque”.
As entradas para estos tres espectáculos, Goyo Jiménez o sábado 19 de outubro (18.30 e 21.00 horas), e “El musical de Coco: ¡Recuérdame!” o domingo 20 de outubro (12.30 horas) e Chicago Life (20.00 horas) pódense adquirir a través de www.teuticket.com.
Esta fin de semana, o Auditorio Mar de Vigo presenta unha programación variada con tres propostas destacadas que reforzan a súa relevancia na axenda cultural da cidade olívica. A oferta inclúe o humor enxeñoso de Goyo Jiménez e dúas producións musicais: “El musical de Coco: ¡Recuérdame!”, que cativou a miles de espectadores en todo o país, e Chicago Life, un espectáculo vibrante que combina coreografías e cancións icónicas. Con esta programación, o Auditorio segue consolidándose como un espazo crave para eventos de calidade que atraen a diferentes públicos.
O sábado 19 de outubro, o coñecido humorista Goyo Jiménez presentará o seu último espectáculo, “Misery Class”, con dúas funcións (ás 18:00 e 21:00), ambas preto de colgar o cartel de “entradas esgotadas”. Nesta ocasión, Goyo céntrase en ofrecer unha visión máis persoal e directa dos problemas e curiosidades da vida actual, sen abandonar o humor que o caracteriza. Un show onde se mesturan ironía, crítica social e grandes dose de enxeño.
O domingo 20 de outubro, comezará a programación con “El musical de Coco: ¡Recuérdame!”, ás 12.00 horas, unha proposta que xa emocionou a máis de 500.000 espectadores en todo o noso país. Baseado na aclamada película de animación, o espectáculo promete facer revivir os momentos máis emotivos da historia, con todas as voces en directo e unha posta en escena fiel ao universo de Coco. Ideal para toda a familia, o musical é unha experiencia que encantará tanto a nenos como adultos.
A xornada pecharase con Chicago Life, un musical para maiores de 18 anos que comezará ás 20.00 horas. Este show presenta unha selección das cancións máis famosas de películas como “Cabaret”, “La La Land”, “Chicago” e “Burlesque”, xunto con coreografías cegadoras e unha impactante posta en escena. Chicago Life é unha homenaxe aos grandes musicais do cinema, pensado para quen busca unha noite de espectáculo con gran calidade artística e un toque de sensualidade.
As entradas para estos tres espectáculos, Goyo Jiménez o sábado 19 de outubro (18.30 e 21.00 horas), e “El musical de Coco: ¡Recuérdame!” o domingo 20 de outubro (12.30 horas) e Chicago Life (20.00 horas) pódense adquirir a través de www.teuticket.com
Alerta