7 noviembre, 2021
A veterana Patricia Martínez e as súas alumnas, As Meninas, prácticamente recén chegadas ao baile deportivo de competición, demostraron a finais do pasado mes de outubro que as mulleres mosenses teñen o seu lugar entre as mellores bailarinas de Galicia e do mundo.
O 21 de outubro Patricia Martínez acadaba a medalla de bronce no Campionato do Mundo PD 10 Bailes. e o día 24 As Meninas gañaban o Campionato Galego de Danza Coreográfica.
O venres celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción a Patricia Martínez pola medalla de bronce, no Campionato do Mundo PD 10 Bailes ,e ás Meninas (adestradas tamén por ela), por erixirse Campioas Galegas Junior Territorial Iniciados de Danza Coreográfica.
As campioas foron recibidas e homenaxeadas por Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Camilo Augusto, tenente alcalde, José Areal, concelleiro de Deportes, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo, Participación Cidadá, Política Social e Igualdade e demais membros da Corporación Municipal.
Patricia Martínez acadaba o pasado 21 de outubro a medalla de bronce no Campionato do Mundo PD 10 Bailes de Profesional Division (Liga Profesional). Era o primeiro mundial que bailaba xunto coa súa actual parella de baile, Jacopo Casotto, e a pesar delo acadaron xa o terceiro posto.
Neste Campionato do Mundo participaron un total de 8 parellas seleccionadas. O título de campión levouno Italia, seguida por Croacia e o bronce para España con Patricia e Jacopo. Celebrouse en Cagliari, Cerdeña.
Pola súa banda as pupila de Patricia Martínez, As Meninas, (Sara, Ainara, Eva e Elena), erixíronse o 24 de outubro Campioas Galegas Junior Territorial Iniciados de Danza Coreográfica. Competiron en Tui, onde participaron 16 grupos. Da súa categoría, (Junior Territorial Iniciados), eran 3 grupos.
Conseguiron a medalla de ouro a 12 puntos de diferencia do segundo grupo, é dicir, con moi boa puntuación en cada parámetro. Agora estanse a preparar para disputar el próximo 5 de Decembro o Campionato de España de Danza Coreográfica en La Nucía, Alicante.
Respecto do seu éxito persoal no Campionato do Mundo Patricia Martínez declaraba hoxe que “pola miña banda, dicir que é o maior logro que conseguín na miña carreira, agradecer publicamente a Jacopo a miña parella por vivir esta aventura comigo e facerme cumprir un obxectivo que levaba tempo buscando, levar a Mos a unha final do mundo”.
Respecto das Meninas, Martínez expresaba esta mañá como adestradora que “polas miñas nenas, non podo estar máis contenta, véxoas crecer, véxoas evolucionar, comparto con elas os seus agobios cos estudos, as súas ledicias, todo o que a adolescencia supón. Son como as miñas irmás pequeñas”.
Remataba Patricia asegurando que “cada vez estou máis orgullosa de decir que son de Mos, porque somos a caña! Encántame compartir as miñas alegrías con Mos e máis aínda cando é recíproco. Creo que somos un bo elenco de deportistas que estamos a levar a Mos ao top dos podios a nivel mundial e iso é para estar máis que contentos”.
Alerta