6 marzo, 2024
O sábado 9 de marzo, a Asociación Deportiva Canina ÉCAN organiza por primeira vez na Cañiza, nas instalacións do campo municipal do Couto, unha proba de mondioring, enmarcada no calendario da Real Sociedad Canina de España como una proba clasificatoria para a Copa de España de mondioring RSCE 2024.
Nesta 1ª competición están inscritos 8 binomios (guía + can) que veñen doutras zonas de Galicia, de Madrid e do País Vasco, os cales serán xulgados polo xuíz internacional Dominique Blanchard (Portugal).
Ademáis a proba contará como asistentes cos profesionais:
Todos eles terán o encargo de testar as habilidades dos cans nos exercicios de mordida.
¿Qué é o mondioring?
O mondioring está considerado o deporte canino máis esixente dos que pertencen a FCI (Federación Cinológica Internacional).
Nesta especialidade o can ten que afrontar una serie de exercicios de obediencia, saltos e mordida. O mondioring abrangue 3 graos de dificultade sendo o grao 1 o grao máis baixo e o grao 3 o máis elevado.
O máis chamativo deste deporte é que os cans teñen que traballar en ambientes totalmente descoñecidos (cada proba ten unha temática diferente) e nesta competición a temática elexida xira sobre a película “UP” de Disney- Pixar
Alerta