24 noviembre, 2021
A Cañiza acolle este sábado o I TROFEO CICLOCROSS DO CONCELLO, organizado polo clube ciclista cañicense «Grupeta Pan De Zarco», incluido dentro da Copa Galicia de Ciclocross e puntuable para o ránking de ciclocross da Real Federación Española de Ciclismo.
O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, presentou hoxe este I Trofeo acompañado de Tito Ramírez, Verónica Romero e Tino Muñoz, organizadores do evento e membros da directiva do clube cañicense e do entrenador da Federación de Ciclismo de Galicia, Alberto del Río.
Ata o momento están inscritos case 400 participantes que competirán a partires das 14:00h polos primeiros postos no circuito «Carballo do Marco» acondicionado na zona do camping e arredores. Esta zona quedará cortada ao tráfico entre as 10h da mañá e as 19h.
O Alcalde Luis Piña presentou esta mañá xunto cos organizadores do evento, o I TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DA CAÑIZA, incluido dentro da Copa Galicia de Ciclocross organizada pola Federación Galega de Ciclismo con categoría 1.33.5, puntuable para o Ranking de Ciclocross da Real Federación Española de Ciclismo.
O circuito de 2.700m, preparado na zona do Camping Carballo do Marco, albergará por primeira vez unha proba ciclista de ciclocross. Conta con dous boxes de material individual e unha zona de lavado de bicicletas, un máximo de 2 obstáculos artificiais e varias zonas de escaleiras polas que transitarán os ciclistas. Ademáis conta cunha zona de chamada e saída anexa á saída e meta, un posto de primeiros auxilios e dentro do Camping Municipal, a zona de Podium.
A proba está aberta para as categorías de ELITE-SUB23 masculino e feminino; JUNIOR masculino e feminino; CADETE masculino e feminino; MASTER 30/40/50 feminino e MASTER 30/40/50/60 masculino.
O Trofeo comezará ás 14:00 coa proba CADETE E CADETE FEMININO. Continuará ás 15:00h coa proba na categoría ELITE/SUB-23, JUNIOR MASCULINO ELITE/SUB-23 E JUNIOR FEMININO, seguida, ás 16:00h pola categoría MASTER 30/50/60 masculino e MASTER feminino. Ás 17:00h comezará a última proba na categoría MASTER 40.
O evento conta con todas as medidas de seguridade do Clube organizador e da Federación Galega de Ciclismo. Disporá de marcaxe específica para a proba así como protección en vallas e arborado ao longo de todo o percorrido e cumple co protocolo COVID para seguridade dos participantes, asistentes ao evento e para a organización.
Alerta