- O Concello da Cañiza e o clube ciclista «Grupeta Pan de Zarco – A Cañiza» organizan este 26 de outubro, sábado, o III CX A CAÑIZA -TROFEO CICLOCROSS CONCELLO DA CAÑIZA.
- Unha competición incluída dentro da Copa Galicia de Ciclocross e puntuable para o ránking de ciclocross da Real Federación Española de Ciclismo.
- O Alcalde Luis Piña presentou esta mañá esta III edición acompañado de Tito Ramírez e Pablo Márquez, Presidente e Secretario do clube ciclista organizador e do Vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo Óscar Sánchez.
- Un trofeo no que se estima a participación de 400 deportistas que competirán de 11h a 17h polos primeiros postos no circuito habilitado no Campo de Fútbol de Augas Férreas e a zona do Balneario, nas categorías INFANTIL, CADETE, JUNIOR, SUB23, ÉLITE MASTER 30-40-50-60, masculino e feminino.
- Os ciclistas que estén interesados en participar, poden inscribirse na páxina da Federación Galega de Ciclismo ata o día 24 de outubro, ás 15h.
O circuito de 2.5 km. conta cun box de material individual e unha zona de lavado de bicicletas e un máximo de 2 obstáculos artificiais. Ademáis conta cunha zona de chamada e saída anexa á saída e meta, un posto de primeiros auxilios e a zona de Podium.
Na presentación desta mañá o Alcalde Luis Piña agradeceu a colaboración das empresas da Cañiza SAEPLAST, Galimetal, Transportes González, Specialty Marine Products And Ventures, Reciclados Plásticos A Cañiza, Queixos “Castro Xaneiro” e tamén á entidade bancaria ABANCA.