28 junio, 2021
Todos os domingos se realizará esta Andaina Guiada por un biólogo para grupos reducidos de 20 persoas, inscripción gratuita con preferencia para a veciñanza comuneira.
O “Monte en Man Común de Tameiga” comprende unha superficie de 94,82 hectáreas en dúas parcelas diferentes localizadas no extremo nordeste do termo municipal de Mos. No roteiro pódense apreciar diferentes especies autóctona, a abundancias de especies con moita ramaxe impidenque a luz do sol chegue ate o chan, mantendo desta maneira unha humidade e a temperatura constantes.
Esta característica do monte de Tameiga permite a vida dun sen fin de especies do reino vexetal e animal constituindo un ecosistema de alta biodiversidade. Segundo a altitude da zona e as condicións do chan conviven carballos con outros especimens como castaños, acebres, espinos, loureiros, pereiras e outras árbores froiteiras silvestres.
O monte de Tameiga consta cuns recursos hídricos soterrados nos que é dificil cuantificar o volume e que corresponden a unha capa “subdémica” que xera os acuíferos de ladeira, de ciclo moi curto e ligados fundamentalmente ao réxime pluviométrico. Neste ecosistema húmido e sombrio medran e se conservan unha ampla colección de liques, musgos e fentos.
O monte de Tameiga aproveita os seus recursos, entre eles a auga, imprescindible para a vida. “As Traídas de Augas” xestionan de xeito comunal a auga para as veciñas e veciños cun modelo de autoxestión, asambleario e partícipe. Preservar o monte é imprescindible para frear o deterioro que está a sufrir o planeta e acadar que a humanidade non rebase o punto de non retorno ecolóxico. O mellor xeito de garantir un futuro verde e que as decisións sobre a xestión dos recursos vitais sexan tomadas entre todas e todos.
Alerta