Iniciadas as obras de reparación da Praza de Ponteporto

Compartir
Obras. Fonte: Concello

A actuación, na que se investirán cerca de 240.000 euros, realizarase con cargo ao Remanente de Tesourería e resolverá a problemática de filtracións que se daba na zona.

 

A Praza de Ponteporto comezou esta semana coas súas obras de mellora da pavimentación e da impermeabilización, que se acometerán durante as próximas semanas e que suporán a solución dunha problemática de humidades que era urxente resolver.

Tal e como indicaron esta mañá fontes Municipais, levase a cabo esta actuación “despois de que en 2016 xa se realizaran estes mesmos traballos no nivel inferior da praza”. Por tanto, este proxecto é case como unha nova fase do anterior e permitir rematar cos problemas de filtracións de agua que se producen no establecemento de alimentación ubicado baixo a praza cando chove, así como con algúns problemas de humidades que se detectaron noutros locais comerciais da zona.

Actuarase, por tanto, nunha superficie total de 1.056 metros cadrados, aos que se suman 25 máis das escaleiras de acceso desde a Avenida de Ourense e da escaleira central que comunica os dous niveis da praza.

A actuación consistirá na demolición do pavimento existente, así como das capas de material impermeabilizante que xa están obsoletas. Aplicarase o novo material e levará a cabo unha substitución do sistema actual de recollida de augas pluviais para instalar tres tramos de sumidoiros lineais, que serán enlazados coas baixantes.

Aproveitando o proxecto de mellora, renovarase parte do mobiliario urbano, coa instalación de 7 novos bancos, e substituiranse as luminarias da praza por bombiñas de tecnoloxía LED.

O orzamento total do proxecto ascende a 237.183,34 euros, que se investirán con cargo ao remanente de tesourería.