Jaime Aneiros: “O Orzamento de 2022 é expansivo, temos débeda cero e unha presión fiscal baixa”

Compartir
O edil de Facenda, Jaime Aneiros, no pleno. Fonte: Concello

O edil de Facenda deu conta no pleno das directrices do orzamento municipal para 2022 que ascende a máis de 285 millóns de euros, e que “mantén as liñas fundamentais e permitirá medrar e potenciar as actividades e recursos na cidade”.

 

O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, deu conta ao resto da corporación municipal dos orzamentos para 2022 que cualificou de “contas panca que permitirá saír máis rápido da crise por mor da COVID-19”.

O documento recolle máis de 285 millóns “que manteñen as liñas fundamentais”. Segundo explicou o edil, “é un orzamento expansivo, que permite medrar e potencias actividades e recursos da cidade” e subliñou: “Facémolo con débeda 0 e a presión fiscal máis baixa das cidades de Galicia e vilas do noso entorno”. Das contas totais, Aneiros descatacou o capítulo de inversións con máis de 40 millóns de euros.

O responsable de Facenda puxo de manifesto “a solvencia e transparencia” do Goberno Local e anunciou unha auditoría externa das contas “para fiscalizar os ingresos que percibe o Concello dos cidadáns, os contratos menores, as subvencións e auguro que teremos unha boa cualificación”, afirmou.

O Grupo Municipal Popular di que “o Goberno recada, pero non gasta e non executa” e sinalan que ao final do ano as previsións de execución é do 40%. Segundo o voceiro municipal, “o Goberno non sabe en que gastar os cartos”. Polo Grupo Mixto, Pérez manifestou a importancia de executar todos os cartos e remanentes “por si volven ao goberno Partido Popular e Vox e non o permiten”. O edil Non Adscrito dixo que estábamos “ante una estafa total”.

Aneiros defendeu a execución municipal “con 79 obras en execución actualmente” e lamentou que a oposición “estea máis na construción do relato que no recoñecemento do que se se fai ben por esta cidade”.