Javier Pardo acusa á Xunta de non querer solucionar o problema da auga en Vigo

Compartir
Javier Pardo. Fonte: Concello

O responsable municipal de Fomento cuestionou esta mañá as críticas da Xunta ás conclusións do estudo de alternativas para mellorar o abastecemento da área de Vigo, no que se traballaba desde o ano 2018.

Este informe determina establece unha folla de ruta que pasa por facer unha conexión ata Eiras desde a confluencia dos ríos Verdugo e Oitavén, entre outras actuacións de futuro.

 

O concelleiro de Fomento, Javier Pardo, criticou esta mañá a actitude da Xunta ao non aceptar as conclusións do estudo de alternativas para mellorar o abastecemento da área de Vigo que foi encargado no ano 2018 por Concello, Xunta e Goberno Central. Tal e como lembrou Pardo, o obxectivo dese proxecto era mellorar a regulación e o almacenamento de auga para Vigo e outros 14 municipios para os próximos 50 anos.

A empresa adxudicataria estudou durante máis de dezaoito meses ao redor dunha vintena de posibilidades das que finalmente elixiu unha alternativa en base a criterios económicos, medioambientais, técnicos e de tramitación. Concretamente, explicou, considera conveniente facer, a longo prazo, un pequeno encoro augas arriba do de Eiras, no leito do río Oitavén.

Máis inmediato sería mellorar a condución de auga desde Eiras ata Vigo, en especial no túnel de Amoedo, para duplicar a súa capacidade e, en paralelo, habilitar un punto de captación de auga na confluencia dos ríos Oitavén e Verdugo para casos de emerxencia. Este informe, aclarou, coincide cos estudos técnicos que a Xunta manexaba no ano 2013, polo que a súa negativa a aceptar agora ese pratexamento é unha “incongruencia”.

Pardo referiuse á nota pública que Augas de Galicia emitiu ao día seguinte da última reunión da Comisión de Seguemento,na que están presentes as tres administracións, que se reuniu o pasado martes 26 de outubro e na que se deu por concluído o estudo técnico. “Opóñense porque non queren dar unha solución de futuro a Vigo mentres fan inversións noutros moitos territorios de Galicia”, dixo Pardo.

Na súa intervención, o responsable municipal advertiu de que o informe conclúe que, dada a situación de cambio climático, as infraestruturas actuais non son suficientes para atender a demanda a longo prazo, e prevé problemas de garantía subministro porque co paso do tempo diminuirán as achegas e aumentará a demanda. Ante esta situación, “a Xunta trata de escapar da súa responsabilidade, igual que fixo no ano 2018”.

O edil de Fomento lembrou que a reforma da Etap do Casal xa está en marcha, cun orzamento de 23 millóns de euros, que serán financiados integramente polo Concello aínda que se trata dunha unha instalación supramunicipal, que atende a 5 poboacións da área e a pesar de que a Xunta recada cada ano 5 millóns da cidade en concepto de canon da auga.

Pardo aclarou que o seguinte paso será a tramitación ambiental da alternativa, seleccionada