9 noviembre, 2023
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu xunto a Carlos Leiro, Presidente da Asociación STOP, ao Centro Comercial Gran Vía de Vigo á presentación da campaña “Cada niño un juguete”, unha iniciativa que a Asociación STOP puxo en marcha no ano 2009 para recadar xoguetes para nenos de familias necesitadas. A vicepresidenta animou á cidadanía a “sumar o noso gran de area para conseguir que ningún neno de Vigo nin da provincia sexa consciente do que lle falta. Consigamos sumar sorrisos, sexamos solidarios e aportemos ese xoguete en bo estado que temos gardado” para colaborar coa campaña, que está en marcha ata o 23 de decembro.
A responsable provincial en Vigo e na área convidou á cidadanía a contribuír e superar as cifras acadadas no 2022, ano no que se repartiron máis de 16.000 xoguetes, ben directamente ou a través das entidades e organizacións benéficas colaboradoras.
Asemade, Fernández-Tapias amosou o compromiso do Goberno provincial co benestar da cidadanía da provincia. «É o noso obxectivo que os nosos veciños, vivan onde vivan, teñan as mesmas oportunidades e posibilidades, e traballaremos con esforzo para conseguilo”, anotou.
Alerta