
1 marzo, 2025
La polémica en torno a la decisión de fragmentar los estudios de Medicina en Galicia, desvelada en exclusiva el pasado miércoles por Diario de Santiago, continúa muy viva y generando un intenso debate en el ámbito académico y sanitario que ha llevado a un nutrido grupo de docentes e investigadores de la Universidad de Santiago de Compostela (USC) a manifestar su oposición frontal a la propuesta de repartir la docencia de la carrera entre Santiago, A Coruña y Vigo. Consideran que esta medida, tomada sin consenso, podría comprometer seriamente la calidad de la formación médica y la investigación sanitaria en Galicia.
En respuesta, cerca de medio centenar de profesionales de diferentes ámbitos han firmado un documento dirigido a las autoridades académicas y políticas, exigiendo transparencia y una reconsideración de la propuesta, el cual reproducimos íntegramente.
Excmo. Sr. Reitor da Universidade de Santiago,
Excmo. Sr. Conselleiro de Sanidade, Excmo.
Sr. Conselleiro de Educación,
Ilmo. Sr. Decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía,
Distinguidas autoridades:
Os abaixo asinantes, membros do Persoal Docente e Investigador (PDI) da Facultade de Medicina e da Facultade de Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC), tivemos coñecemento, a través de diferentes fontes, do inminente proxecto de fragmentar a docencia da Facultade de Medicina en tres centros: A Coruña, Santiago e Vigo. Descoñecemos como se tomou esta drástica decisión, en que estudo se basea e por que non se difundiu nin se consensuou cos potenciais interesados na docencia de Medicina. Consideramos que unha medida desta magnitude debería estar fundamentada nunha análise rigorosa e transparente, coa participación activa de todos os axentes implicados.
A Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC ocupa posicións destacadas nos rankings máis prestixiosos que avalían a calidade docente e investigadora. Sirva de exemplo que, nos últimos cinco anos, a Facultade de Medicina da USC mantivo unha traxectoria sobresaínte nos resultados do Exame MIR (Médico Interno Residente). En 2021, a USC consolidouse como unha das institucións con maior número de aprobados no MIR. En 2022, unha alumna da nosa facultade obtivo a puntuación máis alta a nivel nacional, subliñando a excelencia da formación impartida. En 2023, a facultade mantivo a súa posición de liderado, situándose entre as universidades españolas co maior número de aprobados.
En 2024, un graduado da USC posicionouse no terceiro lugar a nivel nacional, e na convocatoria de 2025, dous graduados da USC situáronse entre os dez mellores resultados do país. Estes logros reflicten o compromiso constante da nosa facultade coa excelencia educativa e coa formación de profesionais médicos altamente capacitados. Estamos convencidos de que, de levarse a cabo este proxecto de fragmentación da docencia en Medicina, a calidade da formación sufriría un grave deterioro, xa que na actualidade non existe unha estrutura docente acreditada que permita manter o nivel de excelencia acadado nos tres centros propostos. Ademais, este proxecto afectaría negativamente a nosa área sanitaria en múltiples aspectos, incluída a dotación de recursos humanos, ao forzar o desenvolvemento docente nas outras duas áreas sanitarias.
Asimesmo, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), que ocupa un posto de excelencia entre os institutos de investigación sanitaria de España, sufriría de inmediato as consecuencias da fragmentación docente, ao limitarse a capacidade investigadora dos grupos que o integran. No seu conxunto, a Universidade de Santiago veríase afectada pola descentralización, con consecuencias negativas tanto nos recursos dispoñibles como na calidade asistencial e investigadora, prexudicando non só aos nosos alumnos, senón también ao conxunto da comunidade de Galicia. Por todo o exposto, solicitamos coñecer os informes que xustifican dita proposta, así como a convocatoria urxente dunha Xunta da Facultade de Medicina e Odontoloxía, e o debate do proxecto na Xunta de Goberno da Universidade de Santiago.
Para que así conste, asinan a 27 de febreiro de 2025:
Todos los firmantes del escrito han aportado su DNI.
Alerta