Liña de Alta Tensión de Arbo e As Neves

Compartir
Apoios T-37 e T-43 da LAT 400 KV Fontefría-Fronteira Portuguesa, Fonte: Concello de Arbo

O Concello de Arbo solicita novamente audiencia ao Excmo. Director General de Calidad y Evaluación Ambiental, D. Ismael Aznar Cano, donde acudirán, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, e o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez.

Horacio Gil e Xosé Manuel Rodríguez reiteraran novamente ao Director Xeral para que atendan as alegacións presentadas e a demanda dos veciños e veciñas de Arbo e As Neves, que rexeitan o trazado da LAT 400 KV Fontefría- Fronteira Portuguesa.

Ambos alcaldes queren tratar sobre o estado de tramitación do proxecto da LAT e coñecer a opinión e a posición do Goberno de España.

En febreiro de 2020, o alcalde de Arbo, Horacio Gil e o alcalde de As Neves, Xóse Manuel Rodriguez, mantiñan unha reunión en Madrid co Director General de Calidad y Evaluación Ambiental . Ismael Aznar Cano, o que deron a coñecer o rechazo dos dous municipios a todos os trazados que se plantexaron ata ese momento.

A instancia dos dous alcaldes, o Director General consultaría con Red Eléctrica outras opcións a ese tendido tendo en conta a firme oposición das corporacións e os veciños de Arbo e As Neves a calquera das alternativas de trazado propostas ata o de agora.

De acordo coa última entrevista e pasado un tempo prudencial desde a consulta previa relativa ao “Estudio de trazado entre os apoios T-37 e T-43 da L/400 KV Fontefría-Fronteira Portuguesa” elaborado por “RED ELÉCTRICA DE ESPAÑA, S.A.U.” en xuño de 2019 e a consulta transfronteiriza do proxecto portugués “Linha Dupla Ponte de Lima – Fontefria, Troço Português, a 400 KV”, os alcaldes de Arbo e de As Neves, diríxense a esa Dirección General, para tratar o estado de tramitación do proxecto da LAT 400 KV Fontefría-Fronteira Portuguesa e coñecer a opinión e a posición do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demógrafico sobre o trazado da LAT 400 KV Fontefría- Fronteira Portuguesa e reiterar que atendan as peticións dos veciños e veciñas de Arbo e ás Neves molestos por este proxecto.

Ambos alcaldes a través dos seus representantes políticos, Concello de Arbo (Partido Popular) e o Concello de As Neves (BNG) presentaron propostas ante o Goberno de España para que atendan as alegacións presentadas e a demanda dos veciños e veciñas de Arbo e As Neves, que rexeitan o trazado da Linea de Alta tensión.

No caso das Neves, o Diputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou ao Goberno no mes de xuño deste ano que atenda as alegacións presentadas polas distintas administracións, asociacións e colectivos pola afectación que provocará o proxecto de trazado que propón Red Eléctrica para a LIE Interconexión Norte con Portugal e paralice a liña de alta tensión nas localidades pontevedresas de As Neves e Arbo.

No caso de Arbo, o alcalde arbense reuniuse o pasado 9 de xullo, en Madrid cos deputados, Ana Pastor e Diego Gago, que presentaron pregunta oral na Comisión de Transición Ecológica do Congreso de Deputados para coñecer a posición do Goberno de España respecto da posición unilateral de Portugal sobre o proxecto de a LAT 400KV e en especial no referente o seu punto de coñexión con Galicia-España, tendo en conta o rexeitamento da corporación arbense e dos veciños e veciñas a calquera trazado que afecte ao seu territorio.