27 octubre, 2024
A Policía Local de Porriño confirmou a localización de J.S., un veciño de Ibiza de 58 anos que levaba desaparecido desde o pasado martes. A familia de J.S. recibiu hoxe a chamada que tanto esperaba, confirmando que se atopa en bo estado de saúde.
O home foi identificado por uns veciños nunha rúa do Porriño, quen tras recoñecelo pola alerta de de búsqueda emitida na plataforma SOS Desaparecidos, acompañárono á comisaría local para que recibise atención e o debido acompañamento. Unha vez en dependencias policiais, activáronse os protocolos pertinentes e verificáronse os detalles da desaparición.
Tras realizar xestións para confirmar se existía unha denuncia oficial, foi SOS Desaparecidos corroborou que se trataba da persoa que a súa familia reportara como desaparecida días atrás. A familia, especialmente o seu fillo, que se desprazara a Oporto para participar na súa búsqueda, recibiu a noticia con gran alivio e trasladouse inmediatamente a Porriño para reencontrarse con el. J.S. iniciara o Camiño de Santiago desde a cidade de Oorto xunto a un grupo de persoas e un párroco da súa illa, pero desde o martes perdeuse o seu rastro.
Aquel día, J.S., que tomara un ritmo máis pausado que o resto do grupo, perdeu contacto telefónico despois de ser vítima dun roubo no que lle subtraeron todas as súas pertenzas.
A colaboración cidadá e o labor de difusión da plataforma SOS Desaparecidos foron cruciais para a localización de J.S., permitindo á Policía Local de Porriño dar unha rápida resposta e brindar o apoio necesario ata que a familia puido reunirse con el.
Alerta