3 junio, 2024
Lolita Flores presenta na Sede Afundación de Pontevedra “Poncia”, o monólogo da criada da casa de Bernarda Alba
«Un novo mirar dentro da casa de Bernarda Alba». Esa é a proposta do monólogo Poncia, que a actriz e cantante Lolita Flores presenta no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra o vindeiro xoves, 6 de xuño, ás 20.30 h.
«Poncia fala de suicidio, de liberdade, de culpa, de clase, de educación, de sexo e fálao con toda a forza da voz que foi maltratada e calada», asegura o director e autor desta peza teatral, Luis Luque.
As últimas entradas dispoñibles están á venda en Ataquilla.com. Trátase da produción teatral que pecha o Temporada de Teatro ata xuño de Afundación
O texto foi escrito a partir das intervencións do personaxe de Poncia na obra de Federico García Lorca. Conta Luis Luque, o seu autor, que converte en «reflexión, en soliloquios, en diálogos con pantasmas e sombras» as intervencións escritas por García Lorca para a criada da casa na coñecidísima versión orixinal da obra. Lolita Flores interpreta a Poncia en momentos posteriores ao falecemento de Adela, a filla máis nova de Bernarda Alba. No silencio da casa, a criada reza, reflexiona, e diríxese á matrona da casa e as súas fillas.
Máis teatro
O espectáculo é o un dos tres dos programados por Afundación en Pontevedra no mes de xuño. Un día despois de Poncia, o venres 7 de xuño, chega ao Auditorio da Obra Social de ABANCA Buscas Parella? (Speed Dating), unha comedia fresca e divertida
Alerta