Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra
11 marzo, 2025
O rexedor deu conta da aprobación en Xunta de Goberno Local da proposta de adxudicación da concesión da concesión do servizo público de xestión dos residuos de competencia municipal do Concello de Pontevedra
A previsión municipal é que se poña en marcha o novo servizo entre maio e xuño deste mesmo ano
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, deu conta este martes, 11 de marzo, da aprobación en Xunta de Goberno Local da proposta de adxudicación da concesión do servizo público de xestión dos residuos de competencia municipal do Concello de Pontevedra.
O rexedor lembrou e subliñou que a adxudicación e posta en funcionamento deste contrato traerá consigo «un cambio de paradigma» para a Boa Vila e para a súa veciñanza, ao tempo que transformará o xeito no que a sociedade entre o reaproveitamento dos residuos.
«Só podo dicir que estou encantado. Isto significa un cambio de paradigma en todo o relacionado coa xestión de residuos domésticos para a nosa cidade», explicou. «O Concello de Pontevedra ten xa aprobada a ordenanza de xestión, que resultou nun paso adiante na filosofía de converter os residuos en recursos, temos en licitación o contrato de información bidireccional e agora aprobamos esta adxudicación».
Lores sinalou que este contrato entrará en vigor «moi pronto», un contrato adaptado á lei actual, o que o fai pioneiro dentro da súa área, tanto a nivel galego como estatal. Unha vez iniciado o novo contrato e o seu servizo, este deberá estar implementado en seis meses após da súa entrada, coa excepción da planta de compostaxe da Canicouva, cuxa previsión é a de estar funcionando plenamente no cuarto ano de contrato.
«Os residuos son unha responsabilidade de todos e todas. Das institucións, das empresas e da veciñanza», continuou o alcalde. «Todos e todas temos que ser responsábeis coa nosa cidade e, especialmente, co planeta. Temos a obriga de deixar un planeta para os nosos fillos e as nosas netas. O Concepto? Separación, separación e separación. Aproveitar ao máximo todas as fraccións e obter novos recursos».
Alerta