16 abril, 2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asistiron á clausura da Asemblea Xeral da Confederación de Empresarios de Pontevedra que tivo lugar esta tarde de luns na súa sede de Vigo e que contou coa participación do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
O acto comezou coa proxección dunha peza audiovisual sobre as actividades da entidade empresarial para, a continuación, dar lugar ás intervencións da vicepresidenta da CEP, Sabela Pérez-Torres; do presidente desta Confederación, Jorge Cebreiros; e, finalmente, do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
Alerta