O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mantivo este luns un encontro de traballo co secretario da Escudería Congostra, Diego Besada, no seu despacho do Pazo Provincial.
Durante a reunión, López e Besada analizaron a situación do deporte do automobilismo na provincia, as súas necesidades e as súas posibilidades de crecemento. O mandatario provincial recalcou que o apoio ao deporte é unha das liñas estratéxicas do goberno provincial.