. O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López asistiu nesta tarde de martes á cerimonia de entrega das distincións ao mérito deportivo de Galicia correspondentes ao ano 2023 que se celebrou no Teatro Jofre de Ferrol. No acto, ao que tamén asistiron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; e o vicepresidente primeiro, Diego Calvo; foron recoñecidos coa máxima condecoración do deporte a nivel autonómico 108 persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos.
No caso da provincia de Pontevedra, recibiron esta distinción un total de 44 persoas relacionadas co deporte, así como o Club Balonmán Atlético Guardés e o proxecto Discamino.