11 noviembre, 2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu no seu despacho do Pazo provincial ao presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, quen lle fixo entrega dun maillot conmemorativo do Campionato de Europa de Ciclocrós que se celebrou a pasada fin de semana en Pontevedra e en cuxa organización colaborou activamente o organismo provincial.
Pola súa banda, o mandatario provincial deu os parabéns á federación polo excelente traballo realizado e expresou a súa satisfacción por acoller este tipo de eventos deportivos de repercusión global que contribúen a consolidar a Pontevedra como “a provincia do deporte”.
Alerta