Luis López destaca o papel de Teresa Portela como embaixadora do deporte, da igualdade e da provincia na entrega dos VIII premios Executivas de Galicia
diariodevigo
17 enero, 2024
O presidente da Deputación participou este mércores no edificio Castelao do Museo de Pontevedra na entrega dun galardón que enxalza ás mulleres que lideran proxectos
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o papel da padeeira e medallista olímpica Teresa Portela como “embaixadora” do deporte, da igualdade e da provincia de Pontevedra durante a cerimonia da oitava edición do premio Executivas de Galicia, que tivo lugar esta tarde de mércores no edificio Castelao do Museo de Pontevedra e ao que asistiu tamén a deputada Sandra Bastos. “Se hai unha muller que encarna os valores que promove este premio non pode ser outra que Teresa Portela, un exemplo de profesionalidade, conciliación e deportividade”, destacou o
mandatario provincial despois da entrega do galardón.
No seu discurso, Luís López defendeu que este premio “é un paso máis neste camiño cara unha igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, que é unha misión na que todos os estamentos da sociedade, desde as administracións ata os particulares, debemos aportar o noso gran de area”. Neste sentido, o presidente provincial reiterou o compromiso da Deputación para colaborar coa Asociación Executivas de Galicia en todas as iniciativas que fomenten a igualdade. “Esa igualdade ampla, cómplice e unida que, lonxe de dividir ou fracturar, é o camiño máis curto para acadar unha sociedade sen fendas de ningunha clase”, subliñou antes de citar galardóns entregados polo organismo provincial relacionados con esta mesma materia como
os Mulleres no Foco ou os Sofía Novoa, así como o programa Conectadas.
Despois de poñer en valor o compromiso de Executivas de Galicia ao longo dos últimos oito anos por destacar a capacidade das mulleres para liderar proxectos, fomentar a conciliación da vida laboral e familiar ou difundir a cultura galega a través dun galardón deseñado polo escultor galego Miguel Couto; o presidente López quixo poñer en valor a figura de Teresa Portela. “Desde os 16 anos levas o nome de Pontevedra por todo o mundo e, ademais dos éxitos deportivos, estás a demostrar que nin a idade, o xénero ou as ocupacións laborais e familiares son impedimento para facer deporte”, sinalou o dirixente, quen tamén quixo remarcar a súa fortaleza para “compaxinar o seu adestramento co seu traballo como fisioterapeuta e coas obrigas que temos os que somos nais e pais, así como cun papel activo en programas que promoven a igualdade”.
Rematou Luis López a súa intervención reiterando o agradecemento da Deputación a colectivos como Executivas de Galicia polo seu labor a prol da igualdade, remarcando a aposta do goberno provincial polo deporte, “que non pode ser alleo á igualdade”, e insistindo no apoio a deportistas da provincia como Teresa Portela, que contribúen a que a nosa provincia vaia a máis. “Parabéns Teri e grazas polo teu labor”, concluíu.
Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio.
Funcionales
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.