Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é o noso modelo de turismo: beleza natural, gastronomía, cultura e sustentabilidade”
diariodevigo
5 mayo, 2024
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías e Revenidas; agrupados por primeira vez baixo a marca provincial Rías Baixas Fest
A Deputación patrocina estes cinco festivais pola súa pegada no emprego e en sectores como a hostalaría, o turismo ou o comercio; pola súa capacidade para atraer visitantes e por situar ás Rías Baixas no mapa das grandes producións musicais a nivel nacional
. O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sinalou os cinco festivais de música do verán que se celebran baixo a marca Rías Baixas Fest como o resumo perfecto de todos os atractivos turísticos da provincia. Cinco citas, Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías e Revenidas; que contan co patrocinio da Deputación e que foron presentadas este sábado no Náutico de San Vicente do Grove como unha mostra da oferta cultural e turística que promove o executivo provincial.
“Os Rias Baixas Fest resumen todo o que o noso modelo de turismo é e aspira a ser: unha oferta que pon en valor a incomparable beleza natural da nosa provincia, unha proposta que integra moitas das nosas grandes fortalezas turísticas, como a nosa gastronomía; e un plan que combina actuacións de músicos de prestixio internacional ao tempo que difunde a música emerxente da nosa terra. E todo isto maridado cunha dose fundamental de sustentabilidade, que é o faro que marca a nosa folla de ruta na planificación do turismo”, afirmou Luis López para pechar unha presentación que rematou co concerto da banda pontevedresa La Mosca Valiente.
Antes de que o presidente provincial tomara a palabra, cada un dos representantes dos cinco festivais presentaron as súas ofertas. Portamérica celebrarase en na Azucreira de Portas entre o 4 e o 6 de xullo, o Atlantic Fest será en Vilagarcía do 19 ao 21 de xullo, o Sin Sal terá lugar na Illa de San Simón desde o 26 ao 28 de xullo; entre o 1 e o 3 de agosto terá lugar en bueu o SonRías e o calendario conclúe en setembro, do 12 ao 15, coa celebración do Revenidas en Vilaxoán.
“Se temos na nosa provincia unha referencia turística de primeiro nivel que xunta cultura, música e natureza, eses son os nosos festivais Rías Baixas Fest”, destacou o mandatario provincial, que recordou o apoio de arredor de 250.000 que brinda a Deputación de Pontevedra como patrocinador destes cinco festivais. Un conxunto cultural e musical que, por primeira vez este ano, están integrados nunha marca común: os Rías Baixas Fest.
Neste sentido, Luis López explicou que estes festivais son “moito máis” que tres días de concertos. “Son fonte de riqueza, emprego e crecemento económico de sectores estratéxicos como o comercio, a hostalaría, o transporte ou o turismo; son un recurso vital da nosa oferta de ocio cultural e turística para captar visitantes; e son unha referencia que posiciona ás Rías Baixas no mapa das grandes producións musicais a nivel nacional”, argumentou o dirixente.
Compartir
Te puede interesar...
Terrazas cerradas en una plaza de Sevilla, mientras la ciudad debate el uso del espacio público y la convivencia entre peatones y hostelería.
Vista del estrecho de Gibraltar, escenario de constantes intentos migratorios hacia Europa, donde hoy se ha recuperado el cuerpo sin vida de un joven a 19 kilómetros de Ceuta.
Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio.
Funcionales
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.