3 abril, 2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este mércores no seu despacho do Pazo provincial ao xeneral xefe da Brigada “Galicia VII-Brilat”, Alfonso Pardo de Santayana Galbis; e ao xefe da Unidade de Servizos da Base General Morillo, o coronel Carlos Molina Franco.
O encontro serviu para estreitar lazos entre ambas as institucións e para que os máximos responsables da base militar de Figueirido explicaran ao presidente provincial os programas e accións en marcha e de futuro.
Pola súa banda, Luis López felicitou ao xeneral e ao coronel polo traballo que están a realizar nesta base, pola profesionalidade de todos os militares que dan forma á brigada Galicia VII e polo labor que levan realizado ao longo dos últimos anos en misións internacionais. Do mesmo xeito, o presidente tendeu a man da Deputación para colaborar coa Brilat en todo o que sexa posible.
Alerta