24 agosto, 2024
O presidente provincial participou en Silleda na edición número 48 dunha cita gastronómica na que entregou o premio ao mellor cociñeiro profesional
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este sábado en Silleda na Festa da Empanada de Bandeira, unha das citas gastronómicas de maior tradición da provincia e que este ano celebra a súa edición número 48.
O mandatario provincial, ademais de degustar moitas das preparacións, foi un dos encargados de entregar o primeiro premio da categoría profesional, un recoñecemento como o mellor cociñeiro de empanada.
A festa comezou arredor das 14 horas co pregón a cargo do ex xogador de baloncesto Fernando Romay na Carballeira de Silva da Bandeira. Despois de probar a degustar as diferentes preparacións elaboradas polos participantes da festa e por cociñeiros profesionais, tivo lugar a cerimonia de entrega de premios, a que asistiron Paula Fernández (Alcaldesa de Silleda), Xosé Manuel Merelles (Dtor. Xeral de Turismo), Ignacio Maril P.ardo (Edil de PP en Silleda).
Houbo recoñecementos para os participantes do concurso infantil, para a empanada máis orixinal, para a empanada coa mellor masa e para a máis tradicional. Do mesmo xeito, distinguiuse aos tres mellores cociñeiros nas categorías amateur e profesional. Para rematar o acto, tivo lugar unha poxa de empanadas entre o público.
Desde a Deputación de Pontevedra recoñécese a importancia de festas gastronómicas como a la empanada de Bandeira polo seu papel para poñer en valor a cociña tradicional, pero tamén para atraer visitantes de todos os recunchos do país a concellos como o de Silleda e por contribuír a consolidar e enriquecer á provincia de Pontevedra como unha referencia gastronómica de primeira.
Alerta