Recursos.Fonte: Concello
26 noviembre, 2021
Na Sesión Ordinaria celebrada onte, 25 de novembro, aprobouse o documento final do PACES co voto a favor de toda a Corporación.
Un documento que recolle os compromisos e as accións que ata o ano 2030 adquire e desenvolverá o Concello da Cañiza para reducir as emisións de CO2 nun 40%, mellorar a eficiencia enerxética, utilizar fontes de enerxía renovables e desenvolver accións para mitigar o cambio climático.
O Alcalde Luis Piña destacou esta mañá “que esta iniciativa é unha mostra máis da implicación do Consistorio e da veciñanza coa protección do medio ambiente e a loita contra o cambio climático”.
O Pacto das Alcaldías «é a maior iniciativa urbana do mundo en materia de clima e enerxía». Esta iniciativa xurde da Comisión Europea, cuxo obxectivo é implicar aos gobernos da UE, de forma voluntaria, a implantar nos seus territorios o compromiso de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e loitar contra o cambio climático. Constitúe un movemento en continua evolución, que implica actualmente a máis de 10.000 autoridades locais e rexionais adheridas de 60 países, todos eles cunha visión común para o ano 2030 e 2050.
O pasado 24 de febreiro de 2021, á proposta do Alcalde Luis Piña, o Concello da Cañiza aprobou polo Pleno a adhesión ao Pacto das Alcaldías cos votos a favor do Grupo de Goberno e a abstención do grupo do Partido Popular.
Nesta sesión acordouse a firma do compromiso de aliñarse cos obxectivos da Unión Europea para o ano 2030: Reducir as emisións de CO2 un 40% para 2030. Aumentar a eficiencia enerxética un 27%. Aumentar o uso de enerxía procedente de fontes renovables un 27%. Elaborar un Inventario de Emisións de Referencia (IER). Realizar unha avaliación de riscos e vulnerabilidade derivados do cambio climático. Presentar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), no prazo de dous anos a partir da firma oficial do Pacto e presentar un informe de seguimento polo menos cada dous anos.
Ademais, o Concello terá como obxectivo traballar nas medidas de adaptación e a mitigación dos efectos do cambio climático, avaliando os riscos e vulnerabilidades que o ameazan e fomentando o uso racional e eficiente da enerxía.
O pasado 16 de novembro a empresa adxudicataria encargada de redactar o PACES, Inovalabs Digital S.L., presentou o documento final que se aprobou na sesión plenaria celebrada na tarde de onte, 25 de novembro, nesta ocasión cos votos a favor de toda a Corporación.
Dende o Concello concentraremos todos os esforzos en reducir a demanda de enerxía e adaptar a demanda enerxética á oferta promovendo a utilización de recursos enerxéticos locais.
VITORIA-GASTEIZ, 19/01/2025.- El base del Breogán Dominik Mavra (c) entra a canasta ante el ala-pívot del Baskonia Donta Hall (d) durante un partido de la jornada de la Liga Endesa de baloncesto, entre el Baskonia y el Rio Breogán, jugado en el Fernando Buesa Arena de Vitoria. EFE/ ADRIAN RUIZ HIERRO
Alerta