21 noviembre, 2021
Unhas obras subvencionadas ao 100% con fondos do Goberno de España, a través do Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético, que aporta o 80% do total cunha axuda de 312.101,56€ e da Xunta de Galicia, a través do Fondo de Compensación Ambiental, que subvenciona o 20% restante cunha aportación de 79.111,15€.
ü Como xa comentou o Alcalde da Cañiza o pasado mes de abril, cando se iniciaron estas obras na parroquia de Valeixe “esta necesaria e ambiciosa reforma de todo o alumeado público do Concello, está permitindo substituir a deteriorada, desfasada e cara instalación existente por unha moderna e eficiente, cunha calificación enerxética «A» que cumple con todos os requerimentos de iluminación, calidade e confort visual regulamentarios”. “Ademáis estamos conseguindo reducir a factura da luz e polo tanto aumentar o aforro económico considerando que o Concello ten que asumir o pago de máis de 100 contadores eléctricos en todo o término municipal”.
O Alcalde percorreu hoxe, acompañado dun dos técnicos da empresa adxudicataria, a parroquia do Couto e de Parada para visitar estas obras que xunto coa de Valeixe, xa rematada e a de Achas que se iniciará en breve, completan a reforma integral do alumeado público da Cañiza previsto para este ano 2021. No 2022 acometerase esta reforma en todo o casco urbano e nas parroquias de Oroso e de Petán.
A obra consistiu na substitución de máis de 670 luminarias e o tendido de 7,5 km de cable novo. Tamén se cambiaron 8 soportes que estaban en mal estado e se instalaron 23 novos cadros de mando que agora se adaptan á regulamentación vixente. Ademáis se legalizaron os novos contadores.
Na parroquia do Couto desenvolvéronse 235 actuacións en puntos existentes, despregouse 2.100 metros de cableado novo, substituironse 4 apoios en mal estado e se colocaron 11 novos cadros de mando.
Pola súa banda na parroquia de Parada, moito máis extensa territorialmente, se cambiaron 435 luminarias, despregouse 5.400 metros de cable eléctrico novo, retiráronse 4 apoios que estaban en mal estado, colocando outros novos e se instalaron 12 novos cadros eléctricos.
Esta renovación integral, sen precedentes no Concello, dota dunha moderna instalación eléctrica á parroquia do Couto e de Parada, co cambio de todas as luminarias a LED de última xeración, aportando aos barrios máis luminosidade e menos contaminación lumínica e un importantísimo aforro nos consumos enerxéticos, cumplindo así cos obxectivos do Pacto Verde da Unión Europea de reducir a contaminación.
O proxecto tamén contempla o cambio do tipo de facturación, xa que se eliminan todos os puntos que ata agora se facturaban en alzado, cun alto consumo enerxético e penalizacións no tipo de facturación, colocando novos contadores. Actuación que se traducirá nun importante aforro nos consumos enerxéticos: cunha previsión de superar máis do 50% de aforro na factura mensual.
Alerta