12 enero, 2025
A delegada territorial en Vigo e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Ana Ortiz e Luisa Sánchez, participaron este domingo na gala de entrega de premios da terceira edición do concurso de escaparates de Vigo “Ilumina o teu escaparate”, que tivo lugar na delegación da Xunta de Galicia na cidade. A vicepresidenta lembrou que esta edición contou, por primeira vez, co apoio da institución provincial. A sede da Deputación, deste xeito, acolleu unha masterclass sobre merchandising, atención ao cliente, redes sociais e escaparatismo de Nadal destinado ás asociacións de comerciantes de Vigo.
Luisa Sánchez destacou que “con esta iniciativa a Deputación e a Xunta amosamos o firme compromiso que temos coa dinamización desta cidade e o noso obxectivo de convertela nun grande eixe económico, social, cultural e deportivo”. A vicepresidenta trasladou os seus parabéns aos comercios participantes e lembrou a necesidade de “atopar estratexias que ofrezan un atractivo para acudir ao comercio local” xa que o pequeno comercio é “un alicerce fundamental para a nosa economía”.
Alerta