
14 octubre, 2025
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, valorou este martes a celebración do Campionato Europeo de Parasurf como un “fito deportivo” para a provincia. Durante o acto de apertura do evento, que se disputará do 15 ao 19 de outubro na praia de Patos, salientou que a competición situará a Nigrán no epicentro do surf internacional, achegando ao mesmo tempo un “importante” impacto económico na comarca do Val Miñor.
“O deporte, como a vida mesma, non debe ter barreiras. Grazas a todos por estar aquí, por apoiar este evento tan especial e por seguir facendo da provincia de Pontevedra un lugar inclusivo e accesible”, apuntou Luisa Sánchez tras detallar que as bolsas da Deputación para deportistas con discapacidade contemplan unha contía superior ás do resto de deportistas. Igualmente, recordou que a institución vén de duplicar as axudas do programa DepoVAN para a compra de vehículos, que inclúe unha partida específica para vehículos adaptados ou que precisan algunha adaptación.
Alerta