Máis de 200 persoas asistiron esta pasada fin de semana ao tradicional Viño de Nadal do PP de Baiona, que se celebrou no Hotel Bahía e que estivo encabezado polo alcalde e presidente da agrupación local, Sito Almuíña.
O encontro servíu para seguir fortalecendo o contacto coa militancia de Baiona e para poñer en valor o traballo realizado no Concello nestes trinta meses para reactivar os investimentos e a atención os veciños e tamén a labor orgánica emprendida polo PP local para presentar o proxecto máis forte de cara ás eleccións municipais de 2027.
Esta xuntanza navideña tamén foi arroupada por outros cargos populares e contou coa presenza da secretaria xeral do PP provincial, Luisa Piñeiro; a conselleira de Economía e Industria, Chus Lorenzana; o voceiro parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos; e os deputados autonómicos Feli Rodríguez e Míchel Fidalgo.