14 noviembre, 2024
O vindeiro domingo 17 de novembro, o Pavillón Municipal do Porriño converterase no epicentro do baile deportivo en Galicia coa celebración do XXIII Trofeo Concello do Porriño. Desde as 10:00 ata as 20:00 horas, máis de 350 bailaríns daranse cita para participar en diversas disciplinas e competicións.
Organizado polo CBD Pasos-BaileGalicia en colaboración co Concello de Porriño, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, este evento consolidouse como un dos máis importantes no calendario de baile deportivo galego. Este ano, o trofeo incluirá varias competicións destacadas, entre as que se atopan o Campionato Galego Xunta de Galicia de Danza Coreográfica, que contará coa participación de aproximadamente 200 bailaríns, e o Campionato Gallego Xunta de Galicia de 10 bailes, cuns 60 participantes.
Ademais, os asistentes poderán gozar da competición profesional Latino e do Open internacional latino, que reunirán aos mellores bailaríns do ámbito nacional.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, e o director do evento deportivo, Miguel Abreu, presentaron hoxe o evento destacando a súa importancia para a promoción desta disciplina deportiva que conta moita afección no municipio e na contorna.
Alerta