Máis de cincocentos propietarios de fincas con especies prohibidas, cumpren coa obriga de limpalas

Compartir
Finca con especies permitadas. Fonte: Concello

Douscentos veciños prefiren contratar o servizo da empresa pública proporcionada pola Xunta.

 

Tras as 2000 notificacións enviadas á veciñanza por parte do Concello de Tomiño, por incumprimento de limpeza de fincas e tala de especies prohibidas; labores obrigatorias segundo a Lei de Prevención e Defensa dos Incendios Forestais de Galicia e da Ordenanza Municipal da Xestión da Biomasa, en relación ás Faixas Secundarias de Protección contra incendios forestais, ás oficinas de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, comunicouse nos últimos meses a limpeza dunhas 150 parcelas levadas a cabo polos propietarios.

Noutros 180 casos, os veciños ou veciñas comunicaron ter xestionada a corta das especies prohibidas, achegando o correspondente contrato de venda cunha empresa madeireira.

Entre as alegacións recibidas, case 100 fincas foron alegadas como de titularidade errónea, e 60 das 1277 parcelas publicadas no BOE como descoñecidas, foron reclamadas polos seus propietarios.

Así mesmo, ata o momento, adheríronse uns 200 propietarios á posibilidade de facer un contrato de limpeza das parcelas afectadas coa empresa pública SEAGA.

 

 

Convenio

En colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, no marco do Convenio de Colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, o Concello de Tomiño realizou no que vai de ano, un total de 2000 notificacións por incumprimento de limpeza de fincas e tala de especies prohibidas, atopadas na súa maior parte, en Santa María de Tomiño e Forcadela, dado que estas parroquias foron calificadas, polo seu especial risco de incendios, como priorizadas.

Así mesmo publicouse no BOE con data do 28 de setembro, unha relación de 1277 parcelas sen propietarios coñecidos. Ditos requirimentos tramitáronse despois de ser realizada a acta de inspección, unha vez vencido o prazo para levar a cabo as xestións de biomasa (fin do mes de maio).