29 septiembre, 2021
Os días 1 e 2 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra, na Rúa de Alexandre Bóveda, s/n; a Asociación Galega de Adopción e Acollemento celebrará o seu 4º congreso galego.
O programa inclúe a participación de relatoras de recoñecido prestixio ao máis alto nivel, un esforzo da organización e deles mesmas para seguir a falar de adopción e acollemento familiar.
Nos dous días de Congreso tamén haberá testemuñas persoais de experiencias en acollemento e adopción.
No Congreso vaise falar de acollemento especializado, de iniciativas audiovisuais, de atención en medios aberto, de inclusión, de terapias, de activismo….
O 4º Congreso de Manaia sobre adopción e acollemento é unha oportundide para todos e todas.
Programa: https://congresogalegodeadopcioneacollemento.gal/program/