Marín É Música afianza a reactivación cultural e social do municipio, que comeza encher a axenda

Compartir
Marín dende o mar. Fonte: Concello

A boa previsión da pandemia permite ir acollendo eventos na vila, como o próximo concerto de Rayden no Parque Azul, para o que quedan as últimas entradas.

A única cita que non se poderá manter será o Samaín Briz polas casuísticas propias desta festa pero o Concello xa comeza pechar os preparativos dun Nadal cheo de maxia e ilusión.

 

A boa evolución da pandemia a nivel xeral e, por tanto, a nivel local, permite que
pouco a pouco a vida social e cultural da nosa vila vaia avanzando e se vaian
consolidando citas culturais.

“Vimos de pasar un San Miguel moi bo, coas precaucións e as medidas que aínda
é preciso ter en conta, pero dun xeito moito máis amable e calmado. Por iso, a
partir de agora consideramos que haberá pouco a pouco unha reactivación
cultural maior”, asegurou a Alcaldesa, María Ramallo.

A seguinte cita neste sentido será o Marín É Música, que traerá ao rapeiro Rayden
ao Parque Azu,l no que será o seu único concerto en Galicia. A actuación será o
será o escaparate de presentación do seu último e exitoso álbum de estudio,
Homónimo. O cartel do evento, que se deu a coñecer esta mañá no Museo
Municipal Manuel Torres de Marín, péchase co directo de García Mc & Nación
Quilombo, nunha noite vibrante que porá o foco na palabra.

Este evento, organizado por PlayPlan coa colaboración da Xunta de Galicia a
través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e do programa
Xacobeo 21-22, quere converterse ano a ano nunha cita ineludible no calendario
do outono.

As entradas están dispoñibles no seguinte enlace:
https://www.enterticket.es/eventos/rayden-garcia-mc-824431

 

Coa vista posta no Nadal
Así a todo, o Concello tomou a decisión a pasada semana de non realizar o
Samaín Briz, a seguinte cita no calendario festivo, polas casuísticas propias desta
festa, que na súa última edición chegou a congregar a case 3.000 persoas.
Pero no que xa está totalmente inmerso o Concello é na organización do Nadal,
que promete recuperar toda a ilusión e a maxia destas datas.