Mellora e pavimentación do camiño agrícola das searas en Santa María de Arbo

Compartir
Searas de Santa María de Arbo

Esta actuación conta con financiamento da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Á vista do expediente que se tramitou para a obtención dunha subvención ante a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, de acordo coa resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se aproba o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014 – 2020, para a actuación denominada “Mellora de pavimentación do camino Agricola das Searas”, cun orzamento total é de 36.008,00 € (IVE do 21% incluido).

O Concello de Arbo, acaba de adxudicar as obras de mellora e pavimentación do camiño agrícola das Searas en Arbo. As obras incluídas neste proxecto pretenden resolver os problemas de dar un servizo digno a unha serie de parcelas agrícolas a través dun camiño municipal actualmente estreito e con zonas de pavimento en mal estado.
As infraestruturas rurais xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural – informa o alcalde de Arbo- Horacio Gil – en particular, os camiños rurais contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias.

As obras son necesarias dado o mal estado do firme do camiño e do servizo que presta ás leiras lindeiras, e a outras ás que se deberá acceder polas anteriores a través dunha servidume de paso, xa que non dispoñen de acceso propio a través da rede de camiño municipais existentes.
As obras fundamentalmente refírense a unha renovación do pavimento asfáltico actual cunha capa de aglomerado en frío. O firme actual está totalmente asfaltado, pero presenta unha serie de fochancas e un blandón, así como a invasión, no seu parte forestal pola vexetación existente nas súas marxes.

As obras incluídas neste proxecto consisten na pavimentación dun camiño agrícola existente, para iso procederase ao estendido dunha capa de reforzo de firme a base de aglomerado en frío. No proxecto técnico establécese un prazo de execución para as obras proxectadas de tres (3) meses.

Ao longo deste ano, desenvolveranse máis obras en distintas parroquias do Concello de Arbo, demandadas polos veciños e veciñas de Arbo, é as que este goberno atendeu as súas peticións – manifesta Horacio Gil – Tamén con fondos propios o Concello de Arbo, acaba de realizar o “bacheado” de todas as estradas de titularidade municipal.