27 noviembre, 2024
NO TODO EL PESCADO ESTA VENDIDO, esta de volta, coa nova edición do Mercado de NADAL, 2024, o 1 de Decembro na Praza de Abastos, do Calvario, Vigo.
Un Mercado que volve a estar marcado, pola carga artística dos expositores. Nos bancais das peixeiras, expondrán as súas obras. As disciplinas que destacan ese día son: pintura, ilustración, textil, xoieria, serigrafía,…..
Este mercado acollerá a mais de 80expositores galegos, chegados de norte a sur, con moitas gañas de mostralo seu traballo. Unhas obras que foron seleccionadas entre mais de 310 propostas, pero o espazo non da para mais. Dende a organización de NO TODO EL PESCADO ESTA VENDIDO queremos agradecer a gran acollida, entre os diferentes artistas de toda Galicia, que ano tras ano, mostrán o seu interes por participar no noso Mercado, quedando sen prazas o pouco de abrirla convocatoria.
Nesta edición, o Mercado de Nadal tamén abre o Primeiro Andar, ademáis de música en directo, estará a cantina, da man de Sukha Funk.
Unha oportunidade para apoiar e coñecer o traballo artesanal e individual destes artistas e poder adquirir obras únicas, incluso de agasallos de Nadal. E apoiar a economía circular.
O Mercado de Nadal é un evento, onde non so se respira carga artística dentro do Mercado, senon que ese día, se respira arte por todo o barrio do Calvario, xa que é un lugar de intercambio de ideas e tendencias.
Durante todo o día, haberá diferentes actuacións como: Titeres, conciertos,….adxuntamos a programación.
Queremosvos convidar a este mercado de entrada LIBRE.
Dia: 1 de Decembro 2024
Lugar: Praza de Abastos, Calvario, Vigo
Horario: 11h a 20h
Alerta