20 agosto, 2024
MILLADOIRO regresa este sábado ao Festival “CHANDEFOLK” para festexar os seus 45 anos de música
O grupo folk de referencia en Galicia ofreceu no 2020 un concerto emblemático en Chandebrito tras inaugurar un espectacular monumento na súa honra e plantar ‘o bosque de Maeloc’. Agora regresanpara conmemorar os seus 45 anos de traxectoria con Donicelas como teloneiras.
“Milladoiro é Historia da música tradicional galega e ten un vínculo especial con Nigrán porque durante máis de 20 anos Antón Seoane elixiu a parroquia de Camos para vivir. Esa unión a materializamos eternamente no ano 2020 e agora a reforzamos”, explica o alcalde, Juan González.
As mochilas vibratorias estarán dispoñibles para toda aquela persoas xordas que as solicite previamente no 690679675 ou no mail info@entresignos.com e, a maiores, as intérpretes signarán o concerto para que sexa de verdade inclusivo.
Alerta