9 noviembre, 2021
A Comisión de Urbanismo aceptou a petición dos promotores do polígono do Vao A-1-2, (situado entre a vella e a actual estrada de Vilagarcía), de cambiar o proceso de tramitación urbanística desta parcela para convertirse en solo comercial e industrial . A tramitación pasa de compensación a concertación, segundo explicou o concelleiro de Urbanismo, Xaquín Moreda, o que permitirá axilizar moito máis a tramitación do novo polígono.
Este cambio deberá ser sometido a exposición pública, para finalmente volver a ser aprobado polo mesmo órgano de Goberno.
A continuación os promotores deberán presentar o proxecto de equidistribución da parcela, é dicir, o proxecto no que se distribúen os espazos dentro da parcela (públicos e privados); e finalmente o proxecto de urbanización, para logo iniciar a tramitación das respectivas licenzas de edificación que se soliciten para este espazo.
O polígono do Vao A-1-2 é unha bolsa de terreo de 5.642 metros cadrados, cunha edificabilidade de 5.406 metros cadrados e 235 metros cadrados de estacionamento. Está situado ao carón da estrada de Vilagarcía, próximo á nave municipal.
Alerta