Montse Tomé, seleccionadora Nacional de Fútbol Femenino
21 marzo, 2025
A Real Federación Española de Fútbol informou hoxe que a seleccionadora Montse Tomé dará a coñecer o venres 28 de marzo, desde o Estadio Abanca Balaídos, a convocatoria de xogadoras que conformarán o equipo que disputará os dous partidos que a Selección Española ten programados no mes de abril ante Portugal. A asturiana desprazarase ata o estadio vigués, sede do segundo encontro, para atender aos medios a partir das 12:00 horas.
Media hora antes de comparecer ante a prensa, ás 11.30 horas, darase a coñecer nas canles da Real Federación Española de Fútbol e nos medios oficiais a lista das convocadas para a segunda concentración do ano.
O Estadio Abanca Balaídos, sede do RC Celta de Vigo, acollerá o martes 8 de abril ás 19.00 horas o duelo que España xogará na casa. Catro días antes, a selección portuguesa será anfitrioa no Estádio Capital do Móvel de Paços de Ferreira ás 20.45 horas.
Venda de entradas
A venda de entradas para o partido vao a bo ritmo. A RFEF estableceu unha promoción de venda anticipada na que os afeccionados gozan dun 30% de desconto nas entradas adquiridas ata o 22 de marzo, do 20% entre o 23 e o 30 de marzo e dun 10% nas entradas adquiridas entre o 31 de marzo e o 6 de abril.
Alerta