Concello de Mos
14 mayo, 2024
”A alcaldesa de Mos lamenta “esta alarma social desproporcionada, innecesaria e infundada con clara intención política”
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, lamenta que “unha vez máis e tras sete anos nesta liña, Ecoloxistas en Acción e a Comunidade de Montes de Tameiga continúen alarmando innecesaria e infundadamente á poboación”.
Segundo Arévalo, rexedora local mosense, “a intencionalidade política neste senso é clara, xa que en lugar de denunciar no Concello o primeiro que fan é acudir aos medios de comunicación co fin de xerar alarma social. É o que veñen facendo desde 2017 cada vez que hai eleccións, e agora repiten estratexia coas Europeas a menos dun mes vista”.
Desde o Concello de Mos infórmase de que onte pola tarde técnicos municipais acudiron a supervisar e inspeccionar a zona para verificar a procedencia e a calidade das augas referidas, que á vista e ao olfato semellan limpas e sen olor, sendo probablemente pluviais das choivas rexistradas estes días. Así mesmo, tomáronse mostras que foron enviadas a analizar e que, durante os vindeiros días, serán recibidos os resultados da devandita análise e da orixe da procedencia do verquido. A analítica está a ser realizada por un laboratorio acreditado, e con trazabilidade (é dicir que demostre e verifique o lugar de procedencia da toma de mostra). E que determinará a existencia ou non de coliformes.
A alcaldesa concluíu lamentando a alarma innecesariamente xerada pola denuncia mediática de Ecoloxistas en Acción sobre un suposto verquido de fecais nas proximidades da Cidade Deportiva do RC Celta en Pereiras.
Cómpre puntualizar, por último, que a zona na que se detectou o verquido consta de instalación de saneamento conectada á rede municipal.
Alerta