Mos clausura o “Mos Peregrino” a dúas semanas do inicio dun novo Obradoiro de Emprego

Compartir
Mos Peregrino. Fonte: Concello

A Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou hoxe na entrega de diplomas aos 20 alumnos/as, traballadores/as participantes e visitou a área de lecer para peregrinos construída por eles/as na Veigadaña.

En 15 días comenza un novo Obradoiro titulado “SOMOSMOS”, que impartirá especialidades de albanelería e atención sociosanitaria a un total de 20 persoas en situación de desemprego.

 

Ana Ortiz, Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, desprazouse hoxe ata o Concello de Mos para a clausura e entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego “Mos Peregrino” na que estivo acompañada pola Alcaldesa Mosense, Nidia Arévalo, e pola Concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro.

“Mos Peregrino” é un Obradoiro Dual de Emprego cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade cun importe de 346.946 €, no que participan ata pasado mañá e desde fai 9 meses 20 persoas desempregadas do municipio.

 

Mos Peregrino. Fonte: Concello

 

Este proxecto, denominado, “Mos Peregrino” ten como finalidade a posta en valor do patrimonio municipal e etnográfico existente no municipio, e máis concretamente, o trazado do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso polo Concello de Mos e a súa zona de influencia.

 

Mos Peregrino. Fonte: Concello

 

A mellora destes entornos favorecerá a dinamización do Camiño de Santiago, sendo un foco importante de posta en valor da promoción turística e acercamento ao peregrino. Así, tras a entrega de diplomas na Axencia de Colocación, Secretaria Territorial da Xunta, representantes municipais, alumnado e equipo directivo e docente do Obradoiro, desprazáronse ata un destes entornos mellorados, na Veigadaña, parroquia de Petelos, onde construíron unha fermosa área de descanso na que xa son moitos os peregrinos que paran para facer uso dela e gozar da súa agradable e tranquila contorna.

 

Mos Peregrino. Fonte: Concello

 

A Concelleira Julia Loureiro Campo e a Rexedora Local Mosense destacaron esta mañá np acto de clausura a prioridade do proxecto “Mos Peregrino” en enfocar as obras de acondicionamento e revalorización, ao desenvolvemento de ocupacións orixinariamente tradicionais, pero que as novas técnicas e propostas de materiais, así como a relevancia que está adquirindo a restauración e rehabilitación do patrimonio, fan destas ocupacións unha fonte de emprego nos próximos anos. Por elo, o alumnado-traballador formouse durante estes meses en especialidades formativas, tales como: Edificación e Obra civil-Albanelería e colocación de pedra; e Madeira-Traballo de carpintería e moble, Mecanizado de madeira e derivados.

As actuacións que se desenvolveron unidas á formación certificable que se lle dá ao alumnado, desenvolveuse nos espazos públicos ao longo do Camiño de Santiago, incidindo na sinalización, mobiliario urbano, obras de acondicionamento e embelecemento do Camiño.