14 agosto, 2024
O novo centro educativo mosense estará integrado no Macro Proxecto Sociosanitario do Rebullón, aportará unha nova oferta de prazas de 0 a 3 anos e se levantará nunha parcela de 5.031,29 metros cadrados de superficie
O Tenente de Alcaldesa Leo Costas xunto ao Concelleiro de Urbanismo Pepe Ramilo informaron esta mañá que deron comezo os traballos de estudo geotécnico previo ás obras de construcción da nova Escola Infantil do Macro Proxecto Sociosanitario do Rebullón que ademáis deste centro educativo inclúe Centro de Saúde, Centro de Coidados Intermedios, e Residencia de Maiores, cumprindo o compromiso anunciado no mes de Abril pola rexedora local, Nidia Arévalo de progresar neste proxecto este verán.
A nova escola trataráse dun edificio modular, para o cal o Concello de Mos xa conta con apoio económico de financiación por parte da Xunta de Galicia a través de convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Política Social e a administración local.
Esta Escola Infantil modular execurarase en dúas fases. A primeira que comeza agora, cubrirá o 50% da capacidade das aulas, isto é, construiranse as zonas comúns e 3 aulas para 41 prazas. A segunda fase avanzará o vindeiro ano 2025 e nela acometeranse as 3 aulas restantes para as outras 41 prazas.
O entorno e macroproxecto sociosanitario do Rebullón será pioneiro en España ao incluír, ademáis desta nova Escola Infantil, unha residencia de maiores de 150 plazas, un novo Centro de Saúde para Mos que sustituirá ao actual e que incrementará nun 44% a súa superficie, e un Centro de Coidados Intermedios de 60 prazas.
A alcaldesa Nidia Arévalo declarou que “co inicio destes traballos previos cumprimos a nosa palabra de avanzar neste estratéxico proxecto para o noso municipio, comezando pola nova escola infantil para lograr transformar o Rebullón nun espacio sociosanitario de referencia en toda España grazas a colaboración entre Concello de Mos e Xunta de Galicia”.
“Un novo soño para Mos comeza a ser realidade, recuperaremos e daremos vida un espacio emblemático na provincia para dar servizos tan necesarios e demandados en Mos e comarca, polo que lle dou as gracias á Xunta de Galicia polos compromisos con Mos cumpridos”, finalizou Arévalo.
Alerta