20 septiembre, 2021
Dende a Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías desenvólvense a través da Axencia de Colocación diversas accións formativas en colaboración coa Fundación Cibvervoluntarios.
Dúas delas, de nivel intermedio e avanzado, a través do programa Extraordinarias, programa dirixido exclusivamente a mulleres.
E outra: Big Data, a través do programa IniciatiC 2021, dirixida a calquera persoa interesada.
PROGRAMA EXTRAORDINARIAS
Queremos facer visible a túa iniciativa local ou teu negocio local a nivel global en base á capacidade de innovación, creación de economía local e escalabilidade.
Programa adxudicado á Axencia de Colocación de Mos, e coordinado pola Fundación Cibervoluntarios xunto con Zona from Facebook.
Este programa ten como obxectivo principal formar na transformación dixital a 1.500 mulleres emprendedoras de zonas rurais en toda España, co fin de potenciar ideas, e negocios activos que están a xerar valor e economía local para impulsalo a nivel global.
Poden inscribirse calquera muller interesada en formarse en Marketing Dixital (nivel intermedio e avanzado).
A formación é on line, e ten unha duración de 1 horas e media repartidas en dúas sesións.
Taller: Extraordinarias nivel intermedio. Mulleres de Mos.
Data: 28 de septiembre
Hora: 18:30-20:00
Alerta