
16 octubre, 2025
O Concello de Mos e a Asociación de Hostalaría e Turismo BaresMos celebraron hoxe, no Café Bar Faquiña, o acto de entrega dos premios da ruta de tapas “A Volta nos Bares”, unha iniciativa que ao longo do mes de setembro encheu de sabor, creatividade e espírito colectivo os bares e restaurantes do municipio.
En total repartíronse 8.000 petiscos entre veciños e visitantes, consolidando esta ruta como un éxito de participación e apoio á hostalaría local.
O Café Bar Faquiña recibiu o premio á tapa máis valorada polo público, coa súa creación “Pericoporto”, mentres que o segundo posto foi para o Café Bar Encontros coa tapa “A rodada ibérica”, e o terceiro para o Asador Edan coa súa proposta “Volta volta costilla”.
No acto participaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o presidente e vicepresidente de BaresMos, Manuel Seijo e Eloy Alonso, que fixeron entrega dos premios tanto aos establecementos galardoados como ás persoas gañadoras do sorteo entre o público participante. Tamén asistiron ao acto propietarios dos distintos locais participantes nesta campaña gastronómica.
-Seis maillots de “A Volta” deseñados exclusivamente para a etapa de Mos de La Vuelta 2025.
-Un bono de restauración por valor de 200 euros, dous de 100 euros e dous de 50 euros.
-Un bono de 300 euros para Tramo Libre.
-Bonos deportivos en diferentes establecementos do municipio como CKM Combat Academy, Molix Box ou CD Guizán.
A alcaldesa, Nidia Arévalo, destacou que “A Volta nos Bares é unha proposta que chegou para quedar, porque une deporte, gastronomía, dinamización social e apoio á nosa hostalaría. Un exemplo de colaboración e entusiasmo colectivo que amosa o mellor espírito de Mos”.
Con esta entrega de premios, o Concello e BaresMos poñen o broche final a unha edición que puxo en valor o talento, a calidade e o esforzo dos profesionais da restauración local, convertendo setembro nun mes de celebración compartida arredor do deporte e da boa mesa.
Alerta